martes, 10 de marzo de 2009

o carro da morte

hai poucas noticias sobre esta figura, ainda que si se fala da súa existencia. É un carro de cabalos conducido pola propia morte que pasa entre as casas metendo moito ruído, sendo iso sinal de que alguén vai morrer.

Bergantín Pantasma

A lenda conta que nas islas cíes, naufragó un bergantín pirata. Toda a tripulación afundiu, barco e capitán incluida. Desde enton, as noites de temporal, todo aquel que se acerque a zona podería ver o barco emerxendo das profundidades, as velas despregadas, os mariñeiros e o capitán gritando e loitando, intentando salvarse do naufraxio mentres se dirixe irremediablemente hacia as rochas.

viernes, 6 de marzo de 2009

Xudeo errante

Esta antigua lenda ven do día en que xesucristo iba camiño do Calvario e pasou diante do taller dun zapateiro ao que pediu permiso pra descansar. O zapateiro non lle fixo caso negándolle a hospitalidade eo botou. A partir dese momento foi condenado polo resto dos tempos a vagar polo mundo, sen morrer nunca e sen poder ir o ceo nin ao inferno. Se lle reconoce por ir bestido con ropas amarillentas, leva largos cabelos pelirroxos, sempre vai de pé, e non pode durmir nunca. Es posseedor de gran sabiduria e coñece todolos idiomas.

Xacios

Son seres anfibios de forma humana que habitan nos pozos do río Miño, dicsque son donos de grandes tesoros e teñen costumes antropófagas. As xacias son moi fermosas e atraen a os homes cara o río, o que significa a sua morte. Tamén hai unha lenda que dí que se lles pode converter en humanos se se lles bautiza.

Diaño bulreiro

É un diaño que disfruta burlándose da xente. Adícase a atemorizar a xente e a gastarlle bromas pesadas aos despistados. Para iso adoita diferentes personalidades, é un gran transformismta, normalmente aparece coma un home traxeado a cabalo, de burra branca de carneiro ou en forma de besta. Non esta considerado peligroso, incluso hai xente que di que non ten malas intencións e que dá bos consellos.

Meigas.

Son a figura mais representativa de Galicia, son bruxas que realizan conxuros, poden ser bós (realizados por curandeiras e sabias coñecidas entre o pobo, ainda que lles tiñan medo acudían sobre todo por desordes sexuais, para solicitar danos contra enimigos, falar cos mortos...) ou malos (realizados polas bruxas que lle rinden culto o diaño en rituais nocturnos no medio do monte coñecidos coma aquelarres onde arredor do lume esperaban o demo, representado coma un macho cabrío coa mitade do corpo dun humano. Parodiaban a eucaristía utilizando as entrañas dun neno ea sangue dun gato negro) Podían ser dende vellas arrepiantes a mozas hermosas, todas disque venderón a sua alma o demo e lle prometeron adoración a cambio de esos poderes sobrenaturais. Son famosas polo coñecido "mal de ollo" un feitizo as veces involuntario que consistía en que unha bruxa te mirara a os ollos mentres pensa en multitude de desgracias que lle gustaría que lle ocorresen a víctima.
A inquisición perseguiunas durante moito tempo, sometendoas a torturas crueis, que na maioría dos casos remataban coa queima destas na fogueira. Moitas mulleres foron condenadas e moitas morreron inxustamente, xa que calquera persoa podía acusar.
Vela aquí algunhas mulleres procesadas en galicia:

Maria Soliña: Orixinaria de Cangas, María perdeu o seu pai e o seu home vítimas dos piratas turcos que atacaban as costas Galegas en 1617, Moitas mulleres defenderon as súas casas e pobos, entre elas María, Non atopei o porque pero moitas destas mulleres foron despois acusadas de seren meigas e xulgadas pola Inquisión, xunto coas súas compañeiras María Soliña foi encarcerada e torturada aínda que non morreu vítima da fogueira como moitas outras, a loucura, a fame e a miseria foron as que remataron coa súa vida, Os seus restos foron sepultados lonxe de lugar sagrado, polo que non se sabe onde está o seu corpo.

Ana de Castro: Xulgárona en dúas ocasións, en 1626 e en 1651. No primeiro proceso declararon contra dela 26 testemuñas, aínda sendo a muller do alcalde de Pontevedra. Unha das testemuñas declarou que lle mostrou no poso dun vaso de viño o paradoiro dun leitón que perderá. Ana non confesou, nin baixo tortura delicto algún, so dixo ter curado algunhas persoas invocando a Xesús. Declarárona “feiticeira, embusteira e adiviñadora” sendo condeada a desterro durante 6 anos, 200 lategazos e a vestir hábito de penitente, fórona azoutando mestres percorría Santiago montada nun burro. En 1651 foi presa de novo por reincidir como feiticeira onde foi de novo torturada e condenada a douscentos azoutes e ao desterro de Galicia durante dez anos.


Lucía Fidalgo: Lucia e a súa nai eran naturais de Lugo, non tiñan pertenzas e sobrevivían sobre todo da prostitución.Cando morreu súa nai Lucía tamén ia pedindo polas casas. A dona dunha destas casas foi quen a denunciou porque cando estivera a pedir unha das súas porcas deixou de dar de mamar os leitóns. Asustada, contou toda a súa vida e como a súa nai a vendera de pequena ao demo. Ameazada coa fogueira, dixo que lle botara o mal de ollo aos leitóns e ofrecíase a desfacer o meigallo se a deixaban libre. Quedou en liberdade pero en 1646 foi denunciada de novo. Tiña 26 anos e o seu grao de pobreza era tal que o tribunal de Santiago decidiu non abrir informe sobre a denunciada. O mesmo aconteceu ao ano seguinte. Cando Lucía tiña trinta anos, prosperou unha denuncia contra ela, en 1650 foi condenada a douscentos azoutes e ao desterro durante seis anos.


María Rodríguez: Orixinaria de Portugal, foi xulgada en Tui no ano 1577, onde a torturaron salvaxemente, despois disto foi enviada a Santiago,agardaron a súa recuperación e foi torturada de novo onde confesou coñecer o Demo e que lle entregara a súa alma e corpo, prometendo que non tería mais contactos con él, sentenciárona a 200 azoutes, pintado o seu corpo e o seu hábito coas insignias das meigas; desterrándoa lonxe de Santiago. Ao cabo de dous anos foi detida de novo pola Inquisición en Portugal acusada de reincidir, confesando ela que non se puidera resistir. María tiña trinta e oito anos cando foi consumida polo lume nunha fogueira pública na praza do Campo —hoxe praza de Cervantes— de Santiago

graciñas ao bolg da fada branca polos datos!!

lunes, 2 de marzo de 2009

Quimera

Na mitololoxía grega era un monstro horrendo filla de Tifón e de Equidna, vagaba polas rexións de Asia menor aterrorizando a poboación e engulindo animais e rebaños. Foi nai con Orto da esfinxe e do león de Nemea.
Quimera procede do grego macho cabrio, pode ser que tras este mito estea unha batalla real contra un bandido ou ladrón. Quimera se usa metaforicamente pra describir cousas que teñen atributos combinados procedentes de outras fontes. Ousexa un híbrido.As descripcións sobre estes ser son variadas, pero todas coinciden en que escupía lume e era moi veloz. O seu corpo estaba formado polo corpo dunha cabra, os cuartos traseiros dun dragón ou serpe e a cabeza dun león, pode representarse tamén con tres cabezas, a de león, unha de macho cabrio que se do lomo, e unha serpe que nace na cola.
Quimera foi derrotada por Belerofonte coa axuda de Pegaso (o cabalo con ás) polas ordes do rei lobates de Lidia. Hai varias descripcións da morte; algunhas dín que belerofonte atravesouna cunha lanza, e outras sosteñen que matouna cubrindo a lanza con plomo, meteu a lanza na boca da besta, o cal fundiuse o ser exposto a ardente respiración da quimera desfacéndolle as entrañas.