Bueno, este é un blog creado por diversión e afán de compartir os meus coñecementos sobre mitoloxía. Recomendo ver tódolos apartados da dereita, seguro que atopades o que andades buscando.
martes, 10 de marzo de 2009
Xente cativa
É unha raza de seres diminutos moi aficionados a música que habitan nos castros baixo terra que non se levan nada ben cos humanos cos que se sole encarar cando se encontran.
Dona pés de cabra
Son hermosas mulleres que ofrecen a súa compañía aos homes, se estes aceptan poden notar un persistente olor a azufre e un gran empeño da muller en ocultar as suas pernas. Pero cando o home descobre que ne vez de pés ten pezuñas de cabra, rapidamente desaparece.
o carro da morte
hai poucas noticias sobre esta figura, ainda que si se fala da súa existencia. É un carro de cabalos conducido pola propia morte que pasa entre as casas metendo moito ruído, sendo iso sinal de que alguén vai morrer.
Bergantín Pantasma
A lenda conta que nas islas cíes, naufragó un bergantín pirata. Toda a tripulación afundiu, barco e capitán incluida. Desde enton, as noites de temporal, todo aquel que se acerque a zona podería ver o barco emerxendo das profundidades, as velas despregadas, os mariñeiros e o capitán gritando e loitando, intentando salvarse do naufraxio mentres se dirixe irremediablemente hacia as rochas.
viernes, 6 de marzo de 2009
Xudeo errante
Esta antigua lenda ven do día en que xesucristo iba camiño do Calvario e pasou diante do taller dun zapateiro ao que pediu permiso pra descansar. O zapateiro non lle fixo caso negándolle a hospitalidade eo botou. A partir dese momento foi condenado polo resto dos tempos a vagar polo mundo, sen morrer nunca e sen poder ir o ceo nin ao inferno. Se lle reconoce por ir bestido con ropas amarillentas, leva largos cabelos pelirroxos, sempre vai de pé, e non pode durmir nunca. Es posseedor de gran sabiduria e coñece todolos idiomas.
Xacios
Son seres anfibios de forma humana que habitan nos pozos do río Miño, dicsque son donos de grandes tesoros e teñen costumes antropófagas. As xacias son moi fermosas e atraen a os homes cara o río, o que significa a sua morte. Tamén hai unha lenda que dí que se lles pode converter en humanos se se lles bautiza.
Diaño bulreiro
É un diaño que disfruta burlándose da xente. Adícase a atemorizar a xente e a gastarlle bromas pesadas aos despistados. Para iso adoita diferentes personalidades, é un gran transformismta, normalmente aparece coma un home traxeado a cabalo, de burra branca de carneiro ou en forma de besta. Non esta considerado peligroso, incluso hai xente que di que non ten malas intencións e que dá bos consellos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)