jueves, 2 de abril de 2009

Trasno

É un duende caseiro moi pequeno e astuto, con barba e coxo dunha perna. Sempre actúa pola noite, gústalle revolver entre os pratos, na cociña e facerlle trenzas as crins dos cabalos. Pero son moi ordeados e ao amencer volven deixalo todo como o atoparon. Pra desfacerse dele hai que bendecir a casa, pero hai outro remedio, o cal consiste en quitarlle o gorro, tenlle tanto caiño que pra recuperalo fará o que lle pidas. Cando son ben tratados nunha casa incluso axudan coas tarefas, asi que estan entretidos. Non é peligroso ainda que pode resultar un gran incordio.

viernes, 13 de marzo de 2009

O can do urco


É unha figura mitolóxica de galicia, Toma moitas figuras, preferentemente a de can negro e peludo; un animal con cornos e orellas longas de grandes proporcións. Segundo a mitoloxía popular o urco habitaba nas beiras do río Lérez, nunha tebrosa paraxe a que chamaban Borrón. Saía arrastrando cadeas. O seu ouvido xeaba a sangue, e cada vez que se escutaba algo malo acontecia por iso este can anunciaba a morte e a desgraza alí onde se ve.
Nos anos 1877 e 1878 tivo lugar a celebración duns festexos de antroido en honor a monstro.
En asturias tamén existiu a crenza no urco mais era chamado huerco, en palabras do mitólogo asturiano constantino cabal.«En tiempos antañones se debió llamar huerco todo lo que llegaba hasta nosotros como aviso de la tumba. Huerco, la sombra del futuro muerto; huerco, el ataúd en que se metía; huerco, el perro que aullaba por la noche...; y huerco, todo animal agorero de igual significación».

a tía xoana ou a orcavella.


Dí a lenda que é unha bruxa que chegou a galicia nos tempos dos moros. Vella de pelo branco e longo, esta anciá sanguinaria devoraba os nenos alí por onde pasaba. Viviu cerca de 200 anos no faiao dunha casa en pontenova. Cando hartouse de vivir foise a unhas peñas cerca de Fisterra, onde pidiu axuda a un pastor pra cavar a súa tumba. Cando remataron abrazouse ao pastor e tirouse na tumba con ele deixando caer unha pesada pedra enriba. Ninguén podía axudarlle xa que a tumba estaba cuberta de serpes. Dise que quen vaia mirar a tumba morrerá antes de un ano.

a meiga dos dentes verdes, meiga chuchona.

A meiga dos dentes verdes
No castro de Rebordelos, concello de Carballo (A Coruña), vive unha meiga cos dentes verdes que se dedica a andar de noite polas corredoiras na procura de rapaces. Os que colle xa non se volven ver máis. Suponse que lle sirven para as súas comenencias: apócemas, filtros e unturas, ou para comelos.

Sábese que unha meiga chuchona entra nas casa onde hai nenos porque, estes van mirrando e enfraquecendo sen que se saiba o motivo. É que esta meiga chuchona lles zuga o sangue cada noite.

a coca

A lenda do dragón: A Coca

Esta é a lenda da Coca tal coma ma contaron a min os vellos que viñan ó bar dos meus pais. Redondela e unha vila mariñeira do sur de Galicia, situada entre Vigo e Pontevedra, con moita historia, a vila dos viadutos, dos chocos, do mariñeiro Xan Carallas e da Coca.
No s. XVI , non se sabe a dat exacta, na desembocadura do río Alvedosa, cara a ría de Vigo, uns rapaces miraron como se no río, debaixo da auga, estivese fervendo unha ola do cocido xigante. Quedaron abraiados con aquilo, correndo polo camiño da portela cara a vila e mirando de reollo como, o que parecia unha ola do cocido xigante fervendo, seguia en movemento. Cando chegaron á rampla que había fronte á ribeira do peixe xa había unha morea de xente asustada, rezando os seus rosarios e pensando que aquilo era a fin do mundo.
Algo empezou a xurdir do fondo do río; era un dragón enorme de color verdosa e con un limo que lle esvaraba polo corpo, con unhas ás, máis ben pequeniñas para o corpo que tiña, e un rabo longo acabado en punta, como a punta que ten a vara de pescar carallotes ou navallas.
Quedaron todos paralizados polo medo mirando semellante aparición. Subindo pola rampla e bufando, movendo a cabeza a dereita e a esquerda, como se estivese buscando algo. De repente colleu unha rapaza coa boca pola cintura, meteuse no río e desapareceu. Coma se non pasara nada, os veciños resignados marcharon para as súas casas.
E desde ese momento todos os anos pola mesma data, a do Corpus Christi, deixábase unha moza na rampla para que o dragón (A coca) quedase satisfeito.
Ata que os rapaces novos da vila non aguantaron máis, aquilo non podía seguir así. Xuntándose todos foron á Forxa de Baldomero e fixeron espadas para matar o dragón. Todos a unha acabarían con el e deixaría de levar as mozas da vila. Agardaron a noite e cando o dragón apareceu botáronse contra del cravándolle as espadas e acabando coa súa vida.
Celebrouse unha gran festa, os mozos bailando coas espadas ainda ensanguentadas, as mulleres collían as mozas poñéndoas enriba dos seus ombreiros dando voltas ó son das gaitas. Os mariñeiros da vila sacaron viño e peixe seco con pan para todos....e desde ese día en Redondela celebrase a Festa da Coca, onde a danza das espadas, os cabezudos e as penlas son a gran celebración.

martes, 10 de marzo de 2009

Rabeno


É un home delgadoe alto, de pel descolorida. Leva unha gorra e un traxe raído pero de aspecto elegante con rabo. Ainda que protexe e coida dos animais, é un satiro e salvaxe que deanbula polos pobos atacando as mozas que atopa polos camiños. Cúlpaselle de contaxiar enfermedades como a lepra.

Peeira de lobos


Son mulleres ou homes que viven na compaña de lobos e os dirixen, falan e comen con eles e estes a seguen coma se fose o seu xefe. Poden selo sen pretendelo, ao naceren sétimos irmáns do mesmo sexo dun matrimonio. Disque se un home os descobre, a cambio de gardarlle o segredo o protexen, de non ser asi será devorado polos lobos.