A meiga dos dentes verdes
No castro de Rebordelos, concello de Carballo (A Coruña), vive unha meiga cos dentes verdes que se dedica a andar de noite polas corredoiras na procura de rapaces. Os que colle xa non se volven ver máis. Suponse que lle sirven para as súas comenencias: apócemas, filtros e unturas, ou para comelos.
Sábese que unha meiga chuchona entra nas casa onde hai nenos porque, estes van mirrando e enfraquecendo sen que se saiba o motivo. É que esta meiga chuchona lles zuga o sangue cada noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario