Bueno, este é un blog creado por diversión e afán de compartir os meus coñecementos sobre mitoloxía. Recomendo ver tódolos apartados da dereita, seguro que atopades o que andades buscando.
jueves, 16 de octubre de 2008
As Fadas
As fadas eran espíritus que soían adoptar forma de muller ou algún animal. Estaban ligadas a natureza, das que eran coidadoras. Estas fermosas mulleres tiñan un par de
as a súa espalda, podían ser de múltiplos tamaños, os seus cabelos eran de miles de cores e os seus corpos semellaban cristal ou mármore, son esquivas e non era fácil atopalas.
Reuníanse polas noites baixo a lúa para bailar e danzar, A suas doces voces encandilaban os homes, eran divertidas, pícaras, travesas, inocentes e de corazón puro. Haínda que había de moitas clases e algunhas podían parecer malvadas, aínda que elas, so querían divertirse sen pensar nas consecuencias. Hai moitas lendas de que algunhas secuestraban a xente para levalos con elas o mundo das fadas. Simplemente por que lle gustaban, querían divertirse,ou compaña...mesmo relatos de xente que se perdeu no bosque e dicir que unha misteriosa muller colleuno da mán e salvouno... Eran seres polos que no pasaba o tempo, mais podían matalas facilmente, ou morrer de tristeza, hai algúnhas que están ligadas a algo, unha árbore, unhas flores, un animal, estación...e cando este morría a fada tamén o facía, cada unha coidaba con esmero do seu elemento.
hai moitisimas fadas, aqui esta a clasificación por tipos:
-fadas da terra (montes, flores, covas):
Solen ser dulces, a sua morada favorita solen ser ás árbores e as frores,viven en sintonia ca natureza,moitos dos imprudentes que non respetaron o seu medio hoxe apenas poden contalo,encántalles saír pola noite a danzar en forma de desteios de luz (as que habitan en flores son de moi pequeno tamaño). As que viven en cavernas son seres etéreos, adaptadas a terra antes de que o mundo fose mundo, moitos creen que estas damas das cavernas teñen o poder de ver o interior das persoas coñecendo os mais profundos segredos.
-fadas do lume:
Apaixonadas, de forte carácter, ardentes, manexan o lume sen queimarse e con gran arte e precisión... De gran beleza, son espiritos incontrolables...Exemplos: Salamandra (son as mais antiguas e respetadas polas fadas, de gran poder, poden aparecerse en calquera manifestación do lume)
-fadas da auga (ríos, mares, lagoas, fontes):
curiosas por natureza esta criaturas buscan o contacto humano, de espectacular beleza teñen un carácter cambiante, as fadas das lagoas teñen son espíritos doces e serenos mais as que habitan en rios teñen repentinos cambios de humor (dependendo da virulencia coa que transiten as suas augas)Son implacables ante a xente que ensucia as suas augas as que embruxan cos seus encantas para sumerxilos baixo as augas.
-Fadas do aire (fenómenos atmosféricos):
Controlan toda clase de fenómenos atmosféricos, traviesas, responsables e cheas de esperanza e boa voluntade, loitan incansablemente cos elementais para que non causen estragos. Son de mediano tamaño, e vense en forma de luz, vapor, sombras, nubes...
Exemplos: Fylgiar (cultura nórdica, acompáñache dende que naces ata que morres,cando se te descobre dicíndoche de que maneira vas perecer) Fada do arco da vella (de ás multicores, cando o ceo está revolto convence as nubes pra que deixen de chover, cando o consegue o reflexo do seu traxe e as suas ás crean o arco iris) Fada da névoa (contan os ingleses que é ela a encargada de anuncia-la primaveira)Raíña das neves (cruza o mundo levando con ela o frío, a neve, o seu caracter e tan frio coma as xeadas)Sílfide (ninfa do aire, esbeltas, flexibles e rápidas, desprázase livianamente sobre este, están dende nunha suave brisa ata nun devastador furacán)
-outras:
As fadas poden adoptar toda crase de formas , viven nun mundo paralelo o noso, mais están sempre presentes, ligadas a natureza e ao universo manteñen o vinculo que nos os humanos perdemos fai moito tempo, sempre que vexas algún fenómeno extraño e maravilloso non dubides que algunha fada podería estar detrás.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario