lunes, 13 de octubre de 2008

O unicornio


O unicornio é un ser mitolóxico portador de máxia, con forma de cabalo branco, con ollos negros coma o carbón, e que tiña no centro da cabeza un gran corno perlino de propiedades máxicas e que podía sanar e otorgaba a maxia se te tocaba, a sangue deste animal tan forte, fermoso, veloz e máxico daba a xuventude, pero matar a un unicornio era unha condenación. Dise que a única forma de matalo é arrancarlle o corno através dun ritual máxico xa que e de pura máxia e é irrompible. A diferencia entre machos e femias e que os machos teñen unha pequena barba de chivo. As veces represétase con patas de cervo e cola de león ou xabalí. As persoas que ven un unicornio dotaselle de unha cualidade especial coma a premonición, a curación...É un animal bondadoso e esquivo, solitario, libre pero tamén podía volverse furioso. só se deixa ver cando él quere, tiñan especial agarimo polas mulleres xa que estas o amansaban. Adoita vivir en valles, cerca de manatiais, gardan un prezado tesouro que só ofrecen a uns limitados elexidos.

Existen 3 epóteses sobre o orixe do unicornio:
-o trece de xuño de 2008 encontrouse no parque do prado, en italia, os restos dun cervo cun so corno no centro da cabeza, podería haber mais que deran incapé a este ser.
-os pobos viquingos comerciaban con cornos de narval en europa, representabase a este animal coma un anicornio marino.
-os romanos, gregos e macedonios contaban de ver na india animais de un só corno, probablemente rinocerontes índicos.

As primeiras versios do mito do unicornio:
-O médico grego Ctesias, historiador grego do siglo V a. C., narrou que durante as suas expedicións a India, víu un animal silvestre coa aparencia dun cabalo, pero co corpo albo, a cabeza púrpura e os ojos de cor azul intenso. O corno desta besta, era negro coa punta roxa e a base branca,tiña propiedades medicinais que permitían sanar problemas estomacales, epilepsia ou envenenamientos. Estas narracións datan do 400 a.c
-Durante a idade media os nobres enviaban cazadores a India a que lles trouxeran o corno deste animal, comíano nas comidas en forma de pó, para ter mais lonxevidade e era moi apreciado para previr os envenenamentos. Pagábanse cifras astronómicas por un destes cornos. pra as cazas destes exemplares os cazadores lebaban unha muller virxe con eles como cebo. Aínda que había xente que podía buscalo toda unha vidda e non atopalos.

No hay comentarios: