martes, 17 de febrero de 2009

os orcos, goblins, trasgos.

Características Comuns:
Os Orcos, na literatura fantástica e nos xogos de rol, son criaturas humanoides de pel de tonos verdosos. son igual de altos que un human, o doble de anchos e de constitución máis forte. Na sua maioría presentan algunha malformación no corpo. Os seus ollos poseen un resplandor roxo que brilla na oscuridade. Poseen unha mandíbula inferior prominente, sendo frecuente encontrar individuos cuns grandes colmillos inferiores visibles e marcados.Debido a sua constitución forte, a maioría dos orcos son guerreiros formidables, con unha resistencia ao dolor sobrehumana.De vidas cortas, xa que solen morrer pronto debido as debidas desputas entre eles, pero tamen son propensos a enfermidades, e cousas típicas dos homes.
os orcos pronuncian mediante gruñidos, cunha voz profunda. O seu linguaxe é o orkish, composto por corrupcions de outras linguas. A variación dentro do orkish entre as diferentes tribus e tipos de orcos é tan grande que polo xeneral acababan cun intercambio de golpes. Tamén falaban a lingua común. Os habitos de hixiene son pesimos e en temas alimenticios comen alimentos nauseabundos, formados a base de carne podrida (puidendo ser propia carne orca xa que son dados ao canibalismo, de humans ou de calquera que se lles cruze). A menudo, as tribus orcas reúnense e emigran en grandes hordas. para eles guerrear é o máximo pracer. Teñen pouca intelixencia, pero son astutos, esa pouca intelixencia xunto a sua predisposicion a matar fainos feros guerreiros, debido a esto son facilmente manipulables por outras razas que incentíbanas e prometenlles cousas en pos de ter baixo o seu dominio e servicio. Conseguian eles os materiais necesarios pra crear armaduras e armas (bastante toscas)
A sociedade orca está estructurada en clanes ou tribus, sendo sempre o miembro máis forte de entre todolos o xefe tribial. Normalmente sempre contan con algún chamán entre eles. A forza bruta é sempre o factor decisivo en cuestions de disputa, o cual, xunto ao carácter territorial destos, sole ser motivo de frecuentes enfrentamentos entre tribus rivais orcas ou con tribus goblinoides as cales solen compartir as mesmas zonas de caza. Dado o seu carácter hosco e belicoso fan incursiones en poboacions humanas as que tratan sen ningunha clase de misericordia.
A palabra orco foi inventada por Tolkien e nace dunha palabra antigua que significa "monstruo". Están baseados nos Trasgos do folclore celta. Nos mitos romanos a palabra "orco" é sinónimo de inframundo e as veces tamén se lle chama así a un xigante fillo de Plutón.

Parentes dos orcos:

trasgos, a orixe deste mito é céltico-romano e proven do norte de Europa criatura mitolóxica presente na tradición de moitas culturas do norte de España, como pode ser a asturiana (trasgu) ou a montañesa, e presente en xeneral na cultura española.
Noutros lugares de Europa tamén é comparado como gnomo, silfo, kobold...
Na literatura a veces dise que é unha especie de orco das montañas, mais debíl que os demais e aos que a luz do sol lles lastimaba, pois non a toleraban.
Na Cantabria, os trasgos son uns pequenos duendes de cara negra e ollos verdes que habitan nos bosques e cuia actividade é burlar as persoas e facerlles gamberradas. A súa vestimenta componse de follas de árbores e musgo coas cales ocultanse dos humáns.
Na mitoloxía asturiana(trasgu) e na galega reresentase como un duende casero, un homiño pequeno, coxo dunha perna e cun gorro roxo puntiagudo e un abuxeiro na palma da mán. Travesos, curiosos e orgullosos. dedicanse a revolver nas cociñas, rompendo cousas e desordeando, é recomendable poñer unha cunca con granos de arroz polas noites, debido a sua curiosidade pasaránse a noite entretidos contando os grans, Para desfacerse dele hai ou ben que quitarlle o gorro (así él fará pola noite as tarefas do hogar) ou encargarlle facer algunha tarefa que él non sexa capaz de facer, así vergonzoso e orguioso non volverá.

semi orcos e homes-orcos. Son duas razas que teñen mais ou menos mezcla de orcos con homes. E soportaban a luz pero eran moi tontos os primeros e débiles os segundos.

Uruk-hai pel negra, ao igual que a sangue, e ollos de lince; eran case tan altos comoa os homes e non lle temían a luz. Eran máis fortes e resistentes que os orcos menores, y más temibles en el combate.

Goblins: Os seus parentes menores, de tamano máis pequeno que os orcos 1,2 metros, de nariz achatada e pel brilante. pesan arredor de 35 kilos. Todos os goblins posuen colmillos e teñen unha sangue velenosa. Son criaturas desagradables, brutos, rastreiros, sen honor estes seres so desexan roubar, matar, comer e durmir, ainda que claro, existen algunhas excepcions. Os goblins son usados habitualmente por outras razas, estes son aduladores sinvergoñas e hipócritas. Pero sempre almacenarán rencor estarán desexosos dunha traición. Ao non mirar mais que pra os seus intereses mentirán, roubarán pra conseguir os seus intereses.

Hobgoblins: miden 2 metros de altura e pesan cerca de 110kilos. De cara angulosa teñen o mismo rostro que os goblins pero en escala mais grande.

Bugbears: de 2,2 metros de altura e peludos son capaces de transportar mais de 150 kilos. No folclore Inglés dedicábanse a asustar a os nenos, vivían nos bosques.

jueves, 12 de febrero de 2009

a santa campaña e outras procesións


É unha procesión descrita de mortos ou ánimas en pena que pola noite percorre os camiños dunha parroquia, a procesión vai encabezada por un vivo portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita seguido polas ánimas con cirios.
A persoa viva, dependendo do sexo do patrón da parroquia pode ser home ou muller. Tódalas noites apartir das 12 levará sobre a suas costas a pesada cruz, volvendose día a día mais pálido, fraco e enfermizo sen saber porqué xa que non recordará nada do que fai polas noites. O portador non pode volve-la cabeza a procesión nin renunciar o seu cargo, só ficará ceibo se durante a procesión atópanse a outra persoa, se esta non realiza ningún de estes métodos para protexerse pasará a ocupar o seu cargo:
-Apartarse do camiño da compaña, ignorandoos e sen mirarlles.
-Facer un círculo coa estrela de Salomón o unha cruz dentro e entrar nél.
-rezar ignorando o son da campá.
-Tirarse boca abaixo e esperar sen moverse, ainda que a compaña pase por enriba.
-xamáis se debe tomar unha vela que nos atenda algún difunto da procesión, pois este xesto condena a formar parte dela. Enfermando os poucos días e morrendo a semana seguinte.
-a Santa Compaña non poderá capturar a alma do mortal que se cruza con ela si éste fica nos peldaños dun "cruceiro" situados nos cruces de camiños o se portas unha cruz e a esgrimes a tempo.

O aspecto dos mortos varía según a zona, mais normalmente van descalzos, con sudarios, ocultandose baixo carapuchas negras, cada un leba unha vela prendida. A procesión dividese en duas hileiras, na cabeza vai o espectro maior chamado estadea e diante deste o portador da cruz. Camiñan emitindo rezos, cantos fúnebres e tocando unha pequena campana.
A sua aparición está reñida coa morte, as causas de que aparecen son:
-Para reclamar a alma de alguen que morrerá pronto. A lenda que dí que quen recibe a visita da Compaña morirá no prazo dun ano.
-Para reprochar os vivos,fallas ou erros cometidos. Se a falla é especialmente grave, o mortal recibiría a visita da Compaña pra que a encabece, condenado así a vagar ata que outro mortal o reemplace.
-Para anuncia-la morte dun coñecido.
-Para cumprir unha pena imposta por algunha autoridade do mais alá.

A Santa Compaña coñécese tamén cos nomes de:
-Procesión das ánimas: aplicado especialmente no sur de Galicia, sobre todo en Ourense.
-Hoste: aplicado nalgures ao formar a comitiva unha especie de hoste ou mesnada.
-Estantiga ou estandiga: considerada unha derivación de «hoste antiga» ou «Inimigo antigo».
-Estadea: derivación probable de «estadal», o cirio usado para iluminar aos difuntos.
-Pantaruxada: nome infrecuente.
-Pantalla: en opinión de Vicente Risco, fusión dos términos «Pantasma» e «Espantallo».
-Visión: aparición.
-Visita: en clara referencia á intencionalidade da aparición.


Outras procesións:
-procesión das Xás ou das Xans:Na galiza rural, procesión de almas de persoas vivas, as cales pouco a pouco iránse debilitando sen atopar explicación ata morrer. Polas noites a súa alma abandona o corpo pra participaren na procesión.
-Güestia: en Asturias,procesión tamén coñecida como bona xente. É un grupo de personas encarapuchadas (normalmente pantasmas de familiares mortos da víctima)que acercanse a casa dun enfermo moribundo, dan tres voltas a casa e entón o enfermo morre.Disque que van exclamando "Andad de día que la noche es mía".
-Corteju de Genti de Muerti:En Hurdes, Extremadura chámaselle así a un par de xinetes que causan o pánico no pobo, que os ve cae morto.
-La estadea: En zamora, refírese a unha muller sen rostro e olor a humidade de sepulcro que vaga polos cementerios e camiños aparécendoselle a quenes van morrer.
-Procesión das ánimas: aplicado especialmente no sur de Galicia, sobre todo en Ourense.
-La hueste de ánimas: en León.

jueves, 5 de febrero de 2009

bruxas, feiticeiras, magos...

A BRUXERÍA é o conxunto de creenzas, coñecementos e actividades atribuidas a certas persoas que están supostamente dotadas de certas habilidades máxicas que emprean coa finalidade de causar dano.
O concepto BRUXA foi reivindicado por certas sectas e relixións dende o século XX para designar a todas aquelas persoas que practican certo tipo de máxia, tanto maléfica (maxia negra) coma benéfica (maxia branca) o ben os adeptos dunha determinada rexión.
O seu uso mais excesivo emprégase para designar en certas sociedades aos magos e CHAMÁNS.
O sentido orixinal da palabra MAGO,referíase os integrantes dunha tribu que logo convertiríanse en sacerdotes persas que practicaban a astroloxía, a demonoloxía e a maxia, no século I foron recoñecidos coma homes sabios e adiviños. A igrexa faría que os significado variase a persoas que practican a bruxeria debido os rituais relixiosos non cristianos. En épocas recentes o título de "Mago" asignouse a os artistas que practican o ilusionismo, simulando poderes especiais, con obxetivos recreativos. Esta "maxia" entra a formar parte das artes escénicas contemporáneas.

O FEITIZO ou CONXURO é un acto máxico que pretende producir efectos sobre a realidade mediante procedementos sobrenaturais de carácter litúrxico ou ritual. Cando o obxectivo do feitizo é adiviñar o futuro denominase sortilexio e cando busca someter a voluntade de outra persoa u obxecto, é un encantamento.
O feitizo procede das crenzas máxicas do Neolítico e ven practicándose desde enton, a veces de manera aberta e outras clandestina. Era común en sociedades paganas, constituíndose en actos oficiais de masas promovidos polas autoridades;O feitizo foi perseguido baixo a acusación de bruxería, o feitizo consiste na representación simbólica do efecto que se pretende conseguir baixo a invocación dunha deidad. Nos seus oríxes e nalguns casos da cultura popular, é un acto instantáneo sen unha forma común. Tanto é así que supostamente pode executarse incluso de manera involuntaria, como certas formas de mal de ollo.Non obstante, en creenzas paganas desarroladas adquireu e mantén unha estructura xeneral que consta de seis partes:
-preparación
-Apertura
-Invocación
-Execución
-Sacrificio
-cerre

Na LITERATURA existe tres tipos de feiticeria:
-Con varita ou bastón. Necesitase este instrumento para canalizar a maxia, que realizase acompañado dunhas palabras máxicas e determinados movementos.
-practicada en escolas. basease na manipulación da maxia mediante unha serie de fórmulas, xeneralmente nun idioma arcano ou simplemente especial, para conseguir uns efectos.
-a que se dá na natureza. É unha modificación das forzas naturais para conseguer os efectos desexados. Os practicantes desta clase de maxia non necesitan manexar ningún idioma especial para usala, ainda que se solen coñecer profundamente a naturaleza pra saber como aplicar mellor a enerxía, con menor traballo e mellores efectos. A forza necesaria pra este tipo de feitizos pode provir de moi distintas fontes.

martes, 3 de febrero de 2009

Pegaso


Na mitoloxía grega Pegaso (en grego Πηγασος) era un cabalo branco con ás.
Pegaso naceu da sangue derramada pola gorgona Medusa cando Perseo lle cortou a cabeza.Unha característica do seu vo é que cando o realiza, move as patas como se en realidade estivera correndo polo aire.
Vivía no monte Helicón, ao poco tempo de nacer deu unha coz nunha roca do monte e nese lugar naceu unha fonte que serviu de inspiración aos deuses e desde aquela as musas e deuses coidábano e alimentábano en inverno.
Como era un cabalo máxico moitos quixeron posuilo, mais ningún o conseguía,ata que un día Belerofonte, príncipe de corinto, pideulle axuda a deusa Atenea pra capturalo, esta regaloulle unhas bridas de ouro coas que domaria a pegaso. Belerofonte foi cas bridas o campo preferido de pegaso, encontrouno pacendo tranquilamente e cando se lle acercou deixouno montar sen resistirse. Pegaso axudaría a Belerofonte a triunfar nas suas aventuras contra a quimera e as amazonas. Pero Belerofonte volveuse orguioso e ambicioso, paseábase montado en pegaso dicindo que podía voar coma os deuses. Foi tanta a súa osadía que un día quixo subir ao monte olimpo a dicirlle a Zeus que o fixera Deus. Cando zeus veu as suas intencións enfadouse e fixo que un mosquito picara a Pegaso quen tirou a Belerofonte ao chán dende o olimpo, quedando lisiado e condenado a vagar apartado do mundo toda a sua vida recordando a gloria pasada.
Pegaso quedouse a vivir no monte Olimpo, axudando a Zeus a levar os raios, en agradecemento, Zeus convirteuno na constelación de Pegaso.
Según as fontes clásicas, Perseo non llegóu a voar montado en Pegaso, xa que voaba grazas a unhas sandalias con ás, sen embargo, moitos artistas renacentistas o representaron voando neste cabalo.
A lenda de Pegaso puido haber influido na formación da figura do buraq na tradición islámica.