Bueno, este é un blog creado por diversión e afán de compartir os meus coñecementos sobre mitoloxía. Recomendo ver tódolos apartados da dereita, seguro que atopades o que andades buscando.
jueves, 12 de febrero de 2009
a santa campaña e outras procesións
É unha procesión descrita de mortos ou ánimas en pena que pola noite percorre os camiños dunha parroquia, a procesión vai encabezada por un vivo portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita seguido polas ánimas con cirios.
A persoa viva, dependendo do sexo do patrón da parroquia pode ser home ou muller. Tódalas noites apartir das 12 levará sobre a suas costas a pesada cruz, volvendose día a día mais pálido, fraco e enfermizo sen saber porqué xa que non recordará nada do que fai polas noites. O portador non pode volve-la cabeza a procesión nin renunciar o seu cargo, só ficará ceibo se durante a procesión atópanse a outra persoa, se esta non realiza ningún de estes métodos para protexerse pasará a ocupar o seu cargo:
-Apartarse do camiño da compaña, ignorandoos e sen mirarlles.
-Facer un círculo coa estrela de Salomón o unha cruz dentro e entrar nél.
-rezar ignorando o son da campá.
-Tirarse boca abaixo e esperar sen moverse, ainda que a compaña pase por enriba.
-xamáis se debe tomar unha vela que nos atenda algún difunto da procesión, pois este xesto condena a formar parte dela. Enfermando os poucos días e morrendo a semana seguinte.
-a Santa Compaña non poderá capturar a alma do mortal que se cruza con ela si éste fica nos peldaños dun "cruceiro" situados nos cruces de camiños o se portas unha cruz e a esgrimes a tempo.
O aspecto dos mortos varía según a zona, mais normalmente van descalzos, con sudarios, ocultandose baixo carapuchas negras, cada un leba unha vela prendida. A procesión dividese en duas hileiras, na cabeza vai o espectro maior chamado estadea e diante deste o portador da cruz. Camiñan emitindo rezos, cantos fúnebres e tocando unha pequena campana.
A sua aparición está reñida coa morte, as causas de que aparecen son:
-Para reclamar a alma de alguen que morrerá pronto. A lenda que dí que quen recibe a visita da Compaña morirá no prazo dun ano.
-Para reprochar os vivos,fallas ou erros cometidos. Se a falla é especialmente grave, o mortal recibiría a visita da Compaña pra que a encabece, condenado así a vagar ata que outro mortal o reemplace.
-Para anuncia-la morte dun coñecido.
-Para cumprir unha pena imposta por algunha autoridade do mais alá.
A Santa Compaña coñécese tamén cos nomes de:
-Procesión das ánimas: aplicado especialmente no sur de Galicia, sobre todo en Ourense.
-Hoste: aplicado nalgures ao formar a comitiva unha especie de hoste ou mesnada.
-Estantiga ou estandiga: considerada unha derivación de «hoste antiga» ou «Inimigo antigo».
-Estadea: derivación probable de «estadal», o cirio usado para iluminar aos difuntos.
-Pantaruxada: nome infrecuente.
-Pantalla: en opinión de Vicente Risco, fusión dos términos «Pantasma» e «Espantallo».
-Visión: aparición.
-Visita: en clara referencia á intencionalidade da aparición.
Outras procesións:
-procesión das Xás ou das Xans:Na galiza rural, procesión de almas de persoas vivas, as cales pouco a pouco iránse debilitando sen atopar explicación ata morrer. Polas noites a súa alma abandona o corpo pra participaren na procesión.
-Güestia: en Asturias,procesión tamén coñecida como bona xente. É un grupo de personas encarapuchadas (normalmente pantasmas de familiares mortos da víctima)que acercanse a casa dun enfermo moribundo, dan tres voltas a casa e entón o enfermo morre.Disque que van exclamando "Andad de día que la noche es mía".
-Corteju de Genti de Muerti:En Hurdes, Extremadura chámaselle así a un par de xinetes que causan o pánico no pobo, que os ve cae morto.
-La estadea: En zamora, refírese a unha muller sen rostro e olor a humidade de sepulcro que vaga polos cementerios e camiños aparécendoselle a quenes van morrer.
-Procesión das ánimas: aplicado especialmente no sur de Galicia, sobre todo en Ourense.
-La hueste de ánimas: en León.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Gran apotacion sobre a santa compaña, moi completa, gracias
Un saudo,
Adrian
Publicar un comentario