Bueno, este é un blog creado por diversión e afán de compartir os meus coñecementos sobre mitoloxía. Recomendo ver tódolos apartados da dereita, seguro que atopades o que andades buscando.
martes, 3 de febrero de 2009
Pegaso
Na mitoloxía grega Pegaso (en grego Πηγασος) era un cabalo branco con ás.
Pegaso naceu da sangue derramada pola gorgona Medusa cando Perseo lle cortou a cabeza.Unha característica do seu vo é que cando o realiza, move as patas como se en realidade estivera correndo polo aire.
Vivía no monte Helicón, ao poco tempo de nacer deu unha coz nunha roca do monte e nese lugar naceu unha fonte que serviu de inspiración aos deuses e desde aquela as musas e deuses coidábano e alimentábano en inverno.
Como era un cabalo máxico moitos quixeron posuilo, mais ningún o conseguía,ata que un día Belerofonte, príncipe de corinto, pideulle axuda a deusa Atenea pra capturalo, esta regaloulle unhas bridas de ouro coas que domaria a pegaso. Belerofonte foi cas bridas o campo preferido de pegaso, encontrouno pacendo tranquilamente e cando se lle acercou deixouno montar sen resistirse. Pegaso axudaría a Belerofonte a triunfar nas suas aventuras contra a quimera e as amazonas. Pero Belerofonte volveuse orguioso e ambicioso, paseábase montado en pegaso dicindo que podía voar coma os deuses. Foi tanta a súa osadía que un día quixo subir ao monte olimpo a dicirlle a Zeus que o fixera Deus. Cando zeus veu as suas intencións enfadouse e fixo que un mosquito picara a Pegaso quen tirou a Belerofonte ao chán dende o olimpo, quedando lisiado e condenado a vagar apartado do mundo toda a sua vida recordando a gloria pasada.
Pegaso quedouse a vivir no monte Olimpo, axudando a Zeus a levar os raios, en agradecemento, Zeus convirteuno na constelación de Pegaso.
Según as fontes clásicas, Perseo non llegóu a voar montado en Pegaso, xa que voaba grazas a unhas sandalias con ás, sen embargo, moitos artistas renacentistas o representaron voando neste cabalo.
A lenda de Pegaso puido haber influido na formación da figura do buraq na tradición islámica.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario