viernes, 6 de marzo de 2009

Meigas.

Son a figura mais representativa de Galicia, son bruxas que realizan conxuros, poden ser bós (realizados por curandeiras e sabias coñecidas entre o pobo, ainda que lles tiñan medo acudían sobre todo por desordes sexuais, para solicitar danos contra enimigos, falar cos mortos...) ou malos (realizados polas bruxas que lle rinden culto o diaño en rituais nocturnos no medio do monte coñecidos coma aquelarres onde arredor do lume esperaban o demo, representado coma un macho cabrío coa mitade do corpo dun humano. Parodiaban a eucaristía utilizando as entrañas dun neno ea sangue dun gato negro) Podían ser dende vellas arrepiantes a mozas hermosas, todas disque venderón a sua alma o demo e lle prometeron adoración a cambio de esos poderes sobrenaturais. Son famosas polo coñecido "mal de ollo" un feitizo as veces involuntario que consistía en que unha bruxa te mirara a os ollos mentres pensa en multitude de desgracias que lle gustaría que lle ocorresen a víctima.
A inquisición perseguiunas durante moito tempo, sometendoas a torturas crueis, que na maioría dos casos remataban coa queima destas na fogueira. Moitas mulleres foron condenadas e moitas morreron inxustamente, xa que calquera persoa podía acusar.
Vela aquí algunhas mulleres procesadas en galicia:

Maria Soliña: Orixinaria de Cangas, María perdeu o seu pai e o seu home vítimas dos piratas turcos que atacaban as costas Galegas en 1617, Moitas mulleres defenderon as súas casas e pobos, entre elas María, Non atopei o porque pero moitas destas mulleres foron despois acusadas de seren meigas e xulgadas pola Inquisión, xunto coas súas compañeiras María Soliña foi encarcerada e torturada aínda que non morreu vítima da fogueira como moitas outras, a loucura, a fame e a miseria foron as que remataron coa súa vida, Os seus restos foron sepultados lonxe de lugar sagrado, polo que non se sabe onde está o seu corpo.

Ana de Castro: Xulgárona en dúas ocasións, en 1626 e en 1651. No primeiro proceso declararon contra dela 26 testemuñas, aínda sendo a muller do alcalde de Pontevedra. Unha das testemuñas declarou que lle mostrou no poso dun vaso de viño o paradoiro dun leitón que perderá. Ana non confesou, nin baixo tortura delicto algún, so dixo ter curado algunhas persoas invocando a Xesús. Declarárona “feiticeira, embusteira e adiviñadora” sendo condeada a desterro durante 6 anos, 200 lategazos e a vestir hábito de penitente, fórona azoutando mestres percorría Santiago montada nun burro. En 1651 foi presa de novo por reincidir como feiticeira onde foi de novo torturada e condenada a douscentos azoutes e ao desterro de Galicia durante dez anos.


Lucía Fidalgo: Lucia e a súa nai eran naturais de Lugo, non tiñan pertenzas e sobrevivían sobre todo da prostitución.Cando morreu súa nai Lucía tamén ia pedindo polas casas. A dona dunha destas casas foi quen a denunciou porque cando estivera a pedir unha das súas porcas deixou de dar de mamar os leitóns. Asustada, contou toda a súa vida e como a súa nai a vendera de pequena ao demo. Ameazada coa fogueira, dixo que lle botara o mal de ollo aos leitóns e ofrecíase a desfacer o meigallo se a deixaban libre. Quedou en liberdade pero en 1646 foi denunciada de novo. Tiña 26 anos e o seu grao de pobreza era tal que o tribunal de Santiago decidiu non abrir informe sobre a denunciada. O mesmo aconteceu ao ano seguinte. Cando Lucía tiña trinta anos, prosperou unha denuncia contra ela, en 1650 foi condenada a douscentos azoutes e ao desterro durante seis anos.


María Rodríguez: Orixinaria de Portugal, foi xulgada en Tui no ano 1577, onde a torturaron salvaxemente, despois disto foi enviada a Santiago,agardaron a súa recuperación e foi torturada de novo onde confesou coñecer o Demo e que lle entregara a súa alma e corpo, prometendo que non tería mais contactos con él, sentenciárona a 200 azoutes, pintado o seu corpo e o seu hábito coas insignias das meigas; desterrándoa lonxe de Santiago. Ao cabo de dous anos foi detida de novo pola Inquisición en Portugal acusada de reincidir, confesando ela que non se puidera resistir. María tiña trinta e oito anos cando foi consumida polo lume nunha fogueira pública na praza do Campo —hoxe praza de Cervantes— de Santiago

graciñas ao bolg da fada branca polos datos!!

No hay comentarios: